viernes, 17 de junio de 2011

Analise dun Blog

O blog que vou levar a análise vai ser O Blog de Enrique Dans.

En primeiro lugar, vou centrarme no aspecto gráfico e deseño do blog, posto que é o que primeiro apreciamos cando entramos en calquera blog/páxina e é o que nos chama a atención. Neste blog, o que vexo é que ten un deseño moi sencillo, cuhas cores moi básicas e un encabezado simple. Pero dentro deste aspecto sencillo, agóchase un deseño profesional, as cores están moi ben conbinadas para resultar cómodas á vista, e ao mesmo tempo facilitar a lectura dos artículos. Ten unha estructuración moi clara e con moita facilidade para atopar calquera cousa que queiras buscar. Os artigos do blog maquétanse de forma que se adaptan perfectamente ao deseño do blog. A tipografía ten un tamaño lexible, coidando moi ben negritas e tipos de letra, para adaptar perfectamente cada artigo. En definitiva, o estilo de este Blog alcanza a idea que se ten de cómo é un Blog Profesional.
            En canto a manexo e accesibilidade, é un blog moi cómodo. Os contidos están moi ben definidos, ten un fácil acceso a calquera apartado e con menús laterais que facilitan o acceso a outros apartados. Tamén temos unha barra de búsqueda onde poderíamos atopar calquera contido que desexemos. Tamén atopamos un link e un menú desplegable onde temos acceso a todos os meses e todolos anos onde hai artigos publicados. A única pega que ten no aspecto da accesibilidade, é que non temos ningunha ferramenta para poder ampliar ou diminuir o texto, que esto para algunhas persoas é moi útil.
            Os contidos son todos de unha gran calidade. Son artigos que conteñen información real, mestura moi ben a noticia coas opinións persoais, ou con opinións externas, pero sen chegar a radicalizar nin a posicionarse claramente a favor nin en contra. Os textos están moi ben redactados e non se ve aparentemente que os artigos sean plaxios ou copias de outras fontes de información.
            Os recursos que ofrece o blog son varios e case sempre teñen algunha utilidade. Ofrece poder suscribirse a través de RSS, permite seguir a través de twitter, permite introducir o email para seguilo, tamén ten facebook En cada artigo ten un icono para poder compartilo nas redes sociais preferidas. Ten posibilidade de introducir comentarios, poder enviar por email os artigos ou facer trackback.
            Este Blog ten unha medición a través de StatCounter da cantidade de subscritores activos. Ten unha cantidade moi importante de persoas que seguen o blog ademais de moitos visitantes que participan activamente, ven deixando comentarios, ben respondendo outros comentarios escritos e tamén hai moitos visitantes que discrepan co autor e lle intentan rebater opinións ou artigos que ten publicados. Aparte de estes visitantes, tamén ten outros que, aparte de opinar, recomendan a través das principais redes sociais as noticias ou artigos que lles interesan.
            Este blog que estou analizando, como xa dixen máis arriba, ten unha coidadosa e ampla relación co resto da rede, en canto a sindicación, á integración cas redes sociais e a posibilidade de participación e seguimento a través de outros espazos web. Tes posibilidade de subscribirte a través das famosas RSS, podes subscribirte a través de correo electrónico, podes facelo a través de Twitter ou Facebook, e despois, a través de unha ampla cantidade de links, podes expandir e compartir artigos e noticias que se van publicando día a día.
            Este blog pertenece a unha soa persoa, que é a que lle da título ó mesmo, e que, nun apartado que se chama acerca de..., comenta as razóns de porque e para qué fai este blog, de todo o que intenta plasmar en cada artigo e de como a maior parte do que escribe, ten unha base en noticias ou opinións públicas.
            A moderación de comentarios, vese que é un aspecto que tenta coidar e, sempre que o solicitan, responde ou da lugar a debates internos dentro das propias noticias e artigos publicados. Non se ven descalificacións, insultos ou faltas de respeto, nin tampouco comentarios que non tiveran nada que ver co tema que se trata. O que se aprecia é diverxencia de opinións ou opinións encontradas que se revaten dende o respeto, e, as persoas que opinan son persoas que o fan desde a estricta visión da noticia ou tema tratado. Tamén se ven mostras de apoio en moitos artigos ou ampliación de algúns temas expostos.
            Neste blog, o que si podemos apreciar e que todo ou case todo o que o autor escribe son noticias contrastadas, ben en prensa internacional, en prensa local ou a través de outros medios informativos ou de opinión pública, evitando en maior medida a simple opinión persoal dos temas reflexados ou de actualidade. Sempre que pode fai referencias ás fontes que utiliza, ten un apartado lateral chamado “mis fuentes diarias” onde expón links a onde contrasta o que expón, e tamén ten un apartado chamado “cosas que leo”, onde apreciamos que é un autor que lee moitas páxinas de prensa internacional, blogs de outros autores e diversos espazos webs de índole informativa e pública.
            Este blog é totalmente gratuíto, transformándose en unha páxina web con función e estilo de blog en vez de un blog propiamente dito, pero nunca abandona o seu principal acometido que é o de blog. Ademais, encontramos ao final do blog, no pé de paxina, dous links que apuntan á licencia que utiliza o blogger, unha licencia “Creative Commons”, e outro link a netvives.
            Para rematar co meu análise de calidade deste blog, vou dar a miña opinión persoal do blog. Este blog é un blog moi agradable en deseño, consegue achegar a noticia ó lector cunha visión xeral e non tanto en particular, e esto é un punto que me gusta porque fai que sexa un blog cun aspecto profesional e que se diferencia en miles de blogs en que contrasta as noticias, ofréceas dende un punto de vista lóxico e evita entrar en polémicas e xuízos persoais. O que menos me gusta, por destacar algo que me disguste, sería que ten todas as entradas sen diferenciar os temas ou sen clasificar por temas, se ben podemos clicar en “temas”, aquí só nos aparece unha nube de tags máis que unha clasificación de artigos por temas. Pero esto non seria algo malo de todo, senon unha pequena reseña a todo un blog profesional que ten varios premios pola labor do mesmo como:
·        Elegido por El Mundo como uno de los cien mejores blogs de la red en inglés y castellano (2009)
·        En el ranking de Alianzo: nº 3 en español
·        ...

Podemos encontrar máis datos acerca do autor e do blog no link “acerca de...”.
E en xeral, é un blog que me gusta en todos os aspectos, e principalmente en deseño, estética e comodidade de navegación e búsqueda de contidos. E como notas a este blog vou puntualo da seguinte maneira:
·        Contido: 9
·        Deseño: 10
·        Integración coa rede: 9
·        Manexo e accesibilidade: 9
·        Fiabilidade de Contidos: 9
·        Puntuación Final: 9,2








miércoles, 15 de junio de 2011

Redacion sobre Google


  Google, cuxo principal produto é o motor de do procura mesmo nome foi fundada o 27 de setembro de 1998 por Larry Page e Sergey Brin, ambos os dous estudantes de doutoramento en Ciencias da Computación na universidade de Stanfor
.
Malia ser o buscador o seu principal produto, a empresa ofrece tamén entre outros servizos: un comparador de prezos, un correo electrónico gratuíto (Gmail), un motor de procura para material almacenado en discos locais, tradutores, blogs, libros, vídeos…Tamén é famoso o seu programa Google Earth, mapamundi en 3D con imaxes de alta resolución.


Actualmente Google está traballando en varios proxectos para aumentar o número de usuarios de Internet e facilitar os recursos para que estes poidan acceder á rede.  


É frecuente que pasado un mes máis ou menos a páxina de google se actualice, incluso adoita aparecer decorada con motivos míticos, por exemplo, se é o día do deporte, fan o posible para que os que empregan google o vexan..

lunes, 13 de junio de 2011

Practicas Gimp


CLONS

                                           
                                                         DESATURADO SELECTIVO DE CORES 


                                                             DESATURADO COLECTIVO DE CORES



                                                      EFECTO DRAGAN




                                                    FALSA MINIATURA

                                   


                                                LIGHT PAINTING



                                                    PLANETOIDE CO FLITRO DE COORDENADAS POLARES




                     TEXTURA